Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O centro abrirá o día 7 con medidas de seguridade fronte ao coronavirus

- O Concello realizou unha limpeza do entorno e das instalacións, que volverán a ser desinfectadas en vésperas da apertura

ReuniónPaisEIM

Valga, 1 de setembro de 2020.

O goberno local mantivo onte á tarde unha reunión coas familias do alumnado da Escola Infantil Municipal para informalos sobre o inminente inicio do curso 2020-2021 e sobre as medidas que se van a adoptar no centro como prevención do coronavirus e para a seguridade dos nenos. Ao encontro, que tivo lugar no Auditorio Municipal, asistiron o alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, e a directora da Escola Infantil Municipal, Aurora Díaz.

A escola abrirá as súas portas o vindeiro luns, 7 de setembro, en horario de 8:00 a 20:00. O Concello levou a cabo nos últimos días tarefas de limpeza xeral e desinfección das instalacións e do entorno, e antes do primeiro día de clase realizarase unha nova desinfección do edificio con ozono. “A hixiene e a desinfección na escola serán máximas”, garantizaron tanto o alcalde coma a directora, que informaron de que a Xunta realizou probas PCR, que deron negativo, a todo o persoal.

Na reunión informouse ás familias sobre as medidas que se aplicarán no centro, que son as recollidas no protocolo de actuación para as escolas infantís aprobado pola Xunta de Galicia.

O primeiro día de asistencia á escola, os pais de cada neno deberán presentar asinada unha declaración responsable conforme ningún membro da unidade familiar presentou sintomatoloxía asociada á Covid-19 nin estivo en contacto estreito cunha pesoa afectada nos 14 días anteriores. É obrigatorio que os pais lle tomen a temperatura aos nenos cada día antes de levalos á escola. Con 37’5 graos ou máis deberán quedar na casa, ao igual que se presentan algún tipo de síntoma coma tos, mucosidade, vómitos ou diarrea, entre outros. “É mellor ser precavidos para así protexer a todos”, remarcou Bello Maneiro.

Os pais non poderán entrar no centro. Os alumnos serán recollidos na porta polo persoal da escola e de un en un. Antes de entrar, terán que retirar as prendas de abrigo e os zapatos, que levarán de volta os pais. Na escola terán outro calzado que se utilizará exclusivamente para o centro, ao igual que os mandilóns e, no caso dos bebés, os chupetes e biberóns. Tampouco se poderán introducir no centro xoguetes levados das casas.

As distintas clases sairán ao patio por turnos e, despois de cada uso, os xogos serán desinfectados para que poida saír o seguinte grupo. No tocante ao servizo de comedor, o alumnado comerá nas respectivas aulas.

Documentación a presentar polas familias

Outro dos asuntos que se tratou na reunión foi o da documentación a entregar antes do comezo do curso. As familias con nenos que xa estaban matriculados no centro en anteriores cursos só teñen que presentar a declaración da renda de 2019 ou o certificado de estar eximido de presentala e a declaración responsable fronte ao coronavirus.

Para as novas matriculacións deben presentar a folla de matrícula cos datos do alumno e debidamente asinada, certificado médico, fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou documento equivalente, 6 fotos tamaño carné, impreso de domiciliación bancaria, informe do organismo competente no caso de nenos con enfermidades, intolerancias ou alerxias, unha serie de autorizacións e a declaración responsable.

Os documentos necesarios para cada caso poden descargarse na ligazón https://www.valga.gal/atencion-cidada/impresos-solicitudes e enviala á escola a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. Tamén se pode contactar co centro nos teléfonos 986 55 92 05 ou 662 18 40 56.

ReuniónPaisEIM2 ReuniónPaisEIM3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver