Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

-Os catadores Mª Dolores Catoira, Juan Carlos García, Manuel Blanco e Ricardo Abuín realizaron onte unha primeira selección de augardentes

- Os produtores das mellores cañas, que se darán a coñecer o sábado, repartiranse 700 euros en premios

CataCaña20 1

Valga, 28 de agosto de 2020.

Vinte e tres licores de tres variedades diferentes –blanca, de herbas e tostada– presentáronse ao Concurso da Caña do País que arrancou onte coa precata no Centro de Interpretación da Caña do País. O certame é convocado polo Concello dentro da programación da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

Os catadores Mª Dolores Catoira Piñeiro, Juan Carlos García Busto, Ricardo Abuín Mariño e Manuel Blanco Picón realizaron na precata de onte unha primeira selección de licores. Esta tarde a partir das 20 horas terá lugar a cata final  na que se elixirán aos gañadores de cada modalidade. Os galardoados como mellores produtores daranse a coñecer mañá sábado durante os actos da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País.

O produtor da mellor caña branca será gratificado con 300 euros, mentras que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 200 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo.

No mesmo acto de mañá no Parque Irmáns Dios Mosquera daranse a coñecer os gañadores do concurso Embelecer Valga, do certame artístico para elixir o cartel anunciador da festa, da Ruta “Tapa a Anguía”, e os gañadores do sorteo de 10 vales de compra de 30 euros entre todas as persoas que votaron pola súa tapa favorita. Os catadores foron os encargados onte de extraer da urna as papeletas afortunadas.

Presentación da botella e obradoiro infantil

Os actos da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País previstos para esta tarde inclúen, ademais da cata final, a presentación da botella conmemorativa desta edición e o obradoiro “O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa”, que mestura a narración oral coa posta en escena teatra. A actividade conta cunha segunda parte na que se leva a cabo un obradoiro de cociña.

Todos os actos celebraranse seguindo as medidas de seguridade establecidas por la normativa sanitaria vixente. É obrigatorio o uso de mascarilla e respectarase a distancia de seguridade. Haberá control e límite de acceso para evitar aglomeracións e garantir a seguridade de todos.

CataCaña20 2 CataCaña20 3

CataCaña20 4 CataCaña20 5

         CataCaña20 6                       CataCaña20 7

CataCaña20 8

Volver