Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os interesados, de entre 18 e 30 anos, deben anotarse no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil

- Para máis información poden poñerse en contacto co departamento de Orientación Laboral do Concello

 

Valga, 24 de agosto de 2020.

Os concellos de Valga e Moraña informan da apertura da inscrición para o proceso de selección de 16 alumnos-traballadores para o Obradoiro de Emprego dirixido a mozos que vén de conceder a Consellería de Economía, Emprego e Industria e que dará comezo o vindeiro outono.

Os interesados en participar nesta iniciativa formativa deben ter idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos de idade e estar inscritas no Ficheiro Nacional de Garantía Xuvenil. Aquelas persoas que aínda non estean anotadas neste sistema de busca de emprego, poden dirixirse ao departamento de Orientación Laboral do Concello, tanto presencialmente (solicitando cita previa a través da ligazón https://valga.sedelectronica.gal/citaprevia.0) ou por teléfono (986 55 94 56).

O obradoiro terá unha duración de doce meses e constará de dúas especialidades formativas: forestal e albanelería, cun total de 1.920 horas. Os alumnos-traballadores recibirán formación teórica e ademais realizarán prácticas consistentes en obras de interese público. Tamén se impartirán módulos de prevención de riscos laborais, alfabetización dixital, sensibilidade ambiental e igualdade. O obxectivo é favorecer a inserción dos mozos participantes no mercado laboral.

Xov1

Volver