Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As obras, que inclúen pavimentacións no Carballiño e Rúa Nova, saen a licitación por un orzamento de 119.950 euros

- A Consellería de Economía, Emprego e Industria concedeu unha subvención para financiar o proxecto

ObrasCampaña1

Valga, 22 de agosto de 2020.

O Concello impulsa unha nova fase de mellora das infraestruturas viarias na área empresarial de Campaña, o maior asentamento industrial do municipio con seis grandes empresas nas que traballan máis dun milleiro de persoas.

As obras acaban de saír a licitación por un importe de 119.950’12 euros, estando aberto o prazo de presentación de ofertas ata o día 3 de setembro. Serán cofinanciadas entre o Concello e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, que aprobou unha subvención ao abeiro dunha orde para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia.

O proxecto recolle traballos de acondicionamento e pavimentación de viais, continuando así coas melloras executadas na zona durante os últimos meses e que incluíron a dotación de servizos e a construción de beirarrúas na Rúa Nova e no seu entorno. Agora a parte principal das obras desenvolverase no Carballiño, no entorno das empresas Intavalsa, ODL e Lema. Acondicionarase un vial de servizo para desconxestionar o tráfico neste núcleo. Tamén se continuará coas melloras na Rúa Nova, no entorno de Extrugasa, Exlabesa e Urovesa. Nesta zona pavimentarse o vial que foi ensanchado na fase anterior.

O obxectivo é ofrecer un mellor servizo aos peóns e vehículos á hora de acceder e circular polos viais desta contorna, facilitando o desenrolo da actividade empresarial.

A área industrial de Campaña conta cunha superficie aproximada de 400.000 metros cadrados e está experimentando un aumento na superficie das empresas, no volume de mercadorías que moven e no persoal que desenvolve alí súa actividade profesional. Por iso resulta necesario adecuar as infraestruturas viarias á realidade actual, para garantir un bo discorrer da circulación para o persoal e o transporte.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver