Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os xulgados rexeitaron outra denuncia na que os exempregados reclamaban pluses que suporían ao Concello o pago de 312.000 euros anuais a maiores

- O alcalde e varios concelleiros do goberno compareceron esta mañá para aclarar a situación

RPGes1

Valga, 21 de agosto de 2020.

O alcalde, José María Bello Maneiro, acompañado polos concelleiros do equipo de goberno Carmen Gómez, Begoña Piñeiro, Pedro Calvo e Malena Isorna, explicou hoxe cal será o proceder do Concello trala sentenza sobre os extraballadores do Grupo de Emerxencias Supramunicipal.

Os servizos xurídicos municipais xa están estudando a interposición dun recurso ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Os informes destes mesmos asesores indican que “é imposible readmitir aos extraballadores porque o servizo do GES xa non existe dende o pasado 31 de decembro”, explicou Bello Maneiro. Hai que ter en conta, ademais, que o servizo de emerxencias non é competencia do Concello de Valga, senón da Xunta e da Deputación, engadiu.

O rexedor lembrou como xurdiu e como se desenvolveu o funcionamento do extinto Grupo de Emerxencias. Iniciouse cun grupo experimental de emerxencias que estaba constituído por antigos compoñentes de Protección Civil que “viñan facendo un servizo fantástico e gratuíto no noso Concello”. Cando a Xunta, a Deputación e Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) crearon o GES esas mesmas persoas pasaron a formar parte deste novo grupo, incorporándose outros integrantes ata completar o grupo de 12.

O funcionamento durante os primeiros anos transcorreu con “normalidade”, pero sempre con “problemas económicos para o Concello xa que as aportacións da Deputación e da Xunta retrasábanse bastante e viamonos obrigados a anticipar as cantidades con cargo ao orzamento municipal. Ademais, o servizo prestábase noutros catro concellos da comarca –Pontecesures, Catoira, Caldas e Portas– sen que ningún destes concellos fixera aportación económica algunha. “E, aínda así, estes extraballadores sempre cobraron puntualmente as súas nóminas”.

Chegou un punto que as débedas acumuladas pola Deputación e a Xunta eran tan importantes que o Concello non podía manter a situación e decidiu renunciar ao servizo do GES e finalizar os contratos dos seus integrantes o pasado 31 de decembro de 2019. “En maio deste ano aínda cobramos 41.000 euros que estaban pendentes dende 2018”, comentou Bello Maneiro como exemplo do desfase existente no cobro das aportacións doutras administracións.

A isto sumáronse unha serie de denuncias por parte destes extraballadores. “Cada un deles reclamaba 16.000 euros ao ano por diferentes pluses”, se ben unha recente sentenza xudicial fallou a favor do Concello. Pero, en caso de que os xulgados obrigaran a pagalo, “esas cantidades e máis a cobertura con novo persoal de dúas baixas que se prolongaron durante máis dun ano poderían costarlle ao Concello uns 312.000 euros anuais a maiores do que xa viña aportando”, explica o alcalde. Por iso grupo de goberno entendeu que “o Concello de Valga non pode hipotecar a economía municipal porque un grupo de persoas pretendan ser bombeiros cando a súa función é outra”.

Nos últimos tempos tamén “tivemos que abrir varios expedientes por negarse a facer algunhas das funcións que lles correspondían e ata perdemos de ingresar 80.000 euros en dous anos por non realizar traballos encomendados”, engadiu. E, por último, “era público e notorio o que sucedía coas gardas, nas que ultimamente só había unha persoa”.

Toda esta serie de circunstancias foi a que levou ao Concello a prescindir do GES, comunicándollo en tempo en forma á Fegamp, á Xunta e á Deputación. “O servizo xa non existe e, polo tanto, non é posible readmitir aos extraballadores”, incidiu o alcalde. Bello Maneiro fixo fincapé nun dos puntos da sentenza, no que o propio xuíz indica que a solución é “complicada” e debe pasar necesariamente pola “negociación” entre os exempregados e o Concello.

Neste sentido, o rexedor entende que “terá que haber unha indemnización por final de contrato en base ao que legalmente lles corresponda” e tendo en conta que “parte desta cantidade xa a percibiron como liquidación dos sucesivos contratos”.

RPGes2

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver