Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os traballos foron adxudicados por un orzamento de 97.452’67 euros

- O Concello e a Vicepresidencia da Xunta asinaron un convenio para financialos

ClimaEAdministrativo1

Valga, 20 de agosto de 2020.

A empresa Instalaciones Nurmel S.L., de Valga, é a adxudicataria das obras de mellora da climatización e eficiencia térmica no edificio de usos administrativos, para dar servizo á primeira planta, na que se atopa a biblioteca, e ao baixo cuberta, destinado a arquivo municipal.

Este proxecto é continuación dos traballos que se executaron o pasado ano na planta baixa do inmoble, na que xa prestan servizo a Policía Local, o xulgado de paz e Radio Valga. Instalouse unha bomba de calor aire-agua e de varios “fancoils de cassette” de dous tubos nas distintas dependencias da planta baixa. Trátase duns dispositivos que van colocados no teito e que están formados por unha batería de intercambio de frío e calor e un ventilador. Os traballos complétanse coa instalación das correspondentes válvulas, reixas e un termostato.

Agora complétase o sistema de climatización do edificio coa colocación dun recuperador de calor e de “fancoils de cassette” de baixo consumo enerxético na biblioteca e no arquivo. Xunto con isto, tamén se instalarán en ambas plantas os condutos de ventilación necesarios e executarase un tabique de bloque cerámico de termoarxila para illar a sala de máquinas.

As obras contan cun orzamento de 97.452’67, que se financian a través dun convenio asinado polo Concello e a Vicepresidencia da Xunta.

              ClimaEAdministrativo2                   ClimaEAdministrativo3

ClimaEAdministrativo4

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver