Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O certame, integrado na programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, reparte 700 euros en premios

- Os participantes teñen que solicitar nas oficinas municipais as botellas para as augardentes brancas, tostadas e de herbas

CañadoPaís

Valga, 12 de agosto de 2020.

O Concello de Valga convoca un ano máis o Concurso da Caña do País, unha iniciativa que se enmarca dentro da programación da XXX Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, que se celebra na última fin de semana de agosto. Ao certame poden concorrer destiladores artesanais dados de alta no rexistro da Axencia Tributaria. Entre os mellores produtores repartiranse 700 euros en premios.

O concurso consta das tres modalidades habituais: caña branca, tostada e de herbas. Os interesados en participar deben acudir ás oficinas municipais a solicitar as botellas correspondentes e, despois, presentar os licores debidamente embotellados. O prazo permanecerá aberto ata as 14 horas do día 26 de agosto.

As catas das augardentes terán lugar os días 27 e 28 de agosto nas instalacións do Centro de Interpretación da Caña do País.

O produtor da mellor caña branca será gratificado con 300 euros, mentras que os primeiros premios dos licores de herbas e tostado ascenderán a 200 euros. Os segundos clasificados recibirán un trofeo e un diploma conmemorativo.

O vencedor de cada unha das modalidades quedará obrigado a vender ao Concello o garrafón de augardente premiado.

Ademais deste concurso, a programación da XXX Festa da Anguía e mostra da Caña do País, mantén tamén a mostra do destilado tradicional da caña do país, que terá lugar durante a tarde do sábado 29 de agosto e correrá a cargo de dous “cañeiros” valgueses.

Bases do Concurso da Caña do País

BandoCaña20

 

Volver