Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A inscrición pode realizarse a través da páxina web do CSM e o prazo remata o 31 de agosto

- Os exames terán lugar no Auditorio Municipal os días 7, 8 10 e 11

CSMAcceso setembro

Valga, 11 de agosto de 2020.

O Centro Superior de Música (CSM Galicia) ten fixadas para comezos do mes de setembro novas probas de acceso ao centro para o curso 2020/2021. Será a segunda convocatoria deste verán, despois da celebrada a mediados de xullo e na que participaron 23 aspirantes.

Os alumnos que queiran estudar o Grao Superior de Música no centro valgués teñen que cubrir o formulario de inscrición a través da ligazón https://www.csmgalicia.com/pruebas-de-acceso-al-csm-galicia/. O prazo remata o 31 de agosto.­

As probas de acceso, específicas por especialidade e itinerario, terán lugar no Auditorio Municipal os días 7, 8, 10 e 11 de setembro, de 9 a 15 horas. Os itinerarios son seis: Composición, Dirección, Interpretación, Musicoloxía, Pedagoxía e Xestión e produción.

As persoas interesadas que queiran solicitar máis información ou coñecer o plan de estudos de cada itinerario ou especialidade poden poñerse en contacto co centro a través do enderezo de correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Incorporacións ao claustro

Ademais, o Centro Superior vén de anunciar dúas novas incorporacións ao seu equipo docente para o vindeiro curso. Trátase da pianista Judith Jáuregui e do trompetista Pacho Flores. Ambos participarán na actividade regular do centro con clases colectivas e individuais e tamén cun programa de mentoría.

O claustro do CSM Galicia está formado por expertos pedagogos especializados en cada itinerario e profesionais en activo, entre eles solistas de orquestras tan prestixiosas coma a Sinfónica de Galicia, a Orquestra Nacional de España, a Filharmónica de Viena ou a Filharmónica de Múnich.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver