Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Corporación e os traballadores municipais transmiten o seu pésame á súa familia e achegados

- Será velado a partir das 16 horas de mañá no tanatorio municipal e os actos fúnebres celebraranse o sábado ás 10 na igrexa de Cordeiro

lazonegro

Valga, 6 de agosto de 2020.

O Concello de Valga lamenta o falecemento do funcionario municipal e técnico do departamento de Normalización Lingüística José Ramón Rial Becerra, "Mon".

A Corporación municipal e os empregados do Concello queren trasladar o pésame á súa familia, amigos e achegados.

Será velado a partir das 16:00 de mañá no tanatorio municipal de Valga. Os actos fúnebres terán lugar o sábado ás 10 horas na Igrexa parroquial de Santa Comba de Cordeiro.

As oficinas do Concello e demais dependencias municipais permanecerán pechadas mañá venres, en sinal de dó.

EsqulaMon

Volver