Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, que forma parte da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, celebrarase as dúas últimas fins de semana de agosto

- As persoas que acudan a degustar os petiscos e voten polos mellores entrarán no sorteo de dez vales de compra

TapasWeb

Valga, 5 de agosto de 2020.

A Ruta-Concurso “Tapa a Anguía”, que o Concello convoca anualmente dentro da programación da Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, xa ten establecementos participantes. Serán o Café-Bar Couceiro, Bar Juan, Cafetería Auditorio, Pastelería Caprichos, Café-Bar O Pontellón e Bar Pardal.

Será a sétima edición desta iniciativa, coa que se quere promocionar un dos produtos estrela da festa, a anguía, e incentivar o consumo nos locais de hostalería do municipio. O Concello será o encargado de facerlles chegar a anguía xa limpa para que poidan preparar as tapas.

A ruta prolongarase durante as dúas últimas fins de semana do mes de agosto. O concurso celebrarase unicamente os días 22 e 23, mentras que na seguinte fin de semana (días 29 e 30) tan só haberá degustación. Os petiscos serviranse de xeito gratuíto coas consumicións os sábados en horario de 12:00 a 15:00 e de 20:00 a 23:00 e os domingos de 12:00 a 15:00 horas.

Haberá premios por votación popular e tamén un galardón outorgado por un xurado profesional. As persoas que acudan a degustar as tapas aos diferentes locais poderán votar polo seu petisco favorito e os tres con maior puntuación serán os gañadores dos Mandís de Ouro, Prata e Bronce. Entre os participantes nesta elección sortearanse dez vales de compra de 30 euros cada un para gastar no comercio local.

Por outra parte, o xurado profesional elixirá unha única tapa que se poderá degustar o vindeiro ano na Festa da Anguía.

CartelTapaAnguía2020

Volver