- A sesión de cine ao aire libre organizada polo Concello contou cunha grande aceptación dos veciños

- Antes de comezar o filme proxectouse o flashmob “O ruxido – Si ao respecto”, a prol da igualdade

Vaiana1

Valga, 25 de xullo de 2020.

O aparcadoiro da Candieira, detrás do Auditorio Municipal, converteuse onte pola noite nunha sala de cine cunha sesión ao aire libre na que se proxectou a película “Vaiana”.

A actividade contou coa participación de arredor de sesenta persoas, tanto nenos como adultos, que puideron gozar coas aventuras desta heroína de Disney que embarca nunha viaxe polo Pacífico e consegue sobrevivir no océano e vencer a piratas e monstros mariños para cambiar o destino do seu pobo.

 Ademais do seu carácter lúdico, a proxección foi organizada pola Concellería de Benestar Social para a promoción da igualdade de oportunidades e o fomento da eliminación dos roles e estereotipos de xénero, ao ser un cine un medio excelente para actuar fronte ás desigualdades. Antes do comezo da película proxectouse tamén o flashmob “O ruxido – Si ao respecto” gravado hai dous anos polo Concello coa colaboración de numerosas entidades e colectivos de Valga. O flashmob pode verse na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=Y7MTiWPFEI0

Vaiana2 Vaiana3

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver