- Os obradoiros diríxense a nenos de Educación Primaria e Segundaria, tendo preferencia os usuarios da Rede CeMIT
- Todos os talleres se desenvolverán de xeito online dende os fogares dos rapaces inscritos
Valga, 23 de xullo de 2020.
A Aula CeMIT de Valga participa un verán máis no programa Tech Kids, impulsado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Colexio Profesional de Enxeñería. Trátase dunha serie de obradoiros dirixidos a rapaces a partir de 6 anos (alumnos de 1º e 2º ciclos de Primaria e Secundaria) para incrementar o seu interese polas profesións tecnolóxicas.
En cada una das actividades, que se desenvolverán entre o día 30 de xullo e o 9 de setembro, os participantes deberán superar desafíos temáticos co obxectivo de involucralos na investigación, a tecnoloxía e a ciencia. Robótica, creacción de Apps, videoxogos e animación 2D e 3D son algunhas das propostas do programa.
Nesta edición, debido á pandemia do coronavirus, os obradoiros desenvolveranse de xeito online dende os fogares dos rapaces. O prazo de inscrición remata o vindeiro luns, 27 de xullo, ás 12 horas, a través da ligazón https://digitalent.xunta.gal/gl/content/tech-kids-2020 . Teñen preferencia os usuarios das aulas CeMIT.
As actividades que inclúe este campamento tecnolóxico son:
1. Gamer Tech - Soña, deseña e crea videoxogos incribles
- Primeiro ciclo de Primaria: os xoves, de 10:30 a 13:30 horas
- Segundo ciclo de Primaria: os martes, de 10:30 a 13:30 horas
2. Robo Tech - Se che gustan os retos, os desafíos e a robótica este é o teu campamento
- Primeiro ciclo de Primaria: os luns, de 10:30 a 13:30 horas
- Segundo ciclo de Primaria: os martes, de 10:30 a 13:30 horas
- Secundaria: os mércores, de 10:30 a 13:30 horas
3. App Tech - Sorprende a todos creando a túa propia App
- Secundaria: os mércores, de 10:30 a 13:30 horas
- Segundo ciclo de Primaria: os venres, de 10:30 a 13:30 horas
4. Compu Tech - Aprende todo o necesario para os teus traballos de clase
- Primeiro ciclo de Primaria: os xoves, de 10:30 a 13:30 horas
- Segundo ciclo de Primaria: os venres, de 10:30 a 13:30 horas
5. Minecraft Tech - Se o que che gusta é o Minecraft esta é a túa oportunidade
- Primeiro ciclo de Primaria: os luns, de 10:30 a 13:30 horas
Os rapaces interesados en participar poden inscribirse en varias actividades en función do seu curso escolar e sempre e cando non coincidan no mesmo día.