Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A actividade, que dará comezo ás dez da noite, é gratuíta

- Haberá cadeiras dispoñibles e deben cumprirse todas as medidas de prevención do coronavirus, coma o uso de mascarilla

CARTEL VAIANA

Valga, 20 de xullo de 2020.

O aparcadoiro da Candieira, situado detrás do Auditorio Municipal, acollerá este venres, 24 de xullo, unha sesión de cine ao aire libre. Proxectarase a película de Disney “Vaiana”, apta para todos os públicos e especialmente recomendada para a infancia polo seu contido en contra dos roles e estereotipos de xénero e en prol da igualdade.

A protagonista é Vaiana Waialiki, unha moza polinesia que se embarca nunha viaxe polo Pacífico para cambiar o destino do seu pobo. Xunto ao seu compañeiro de viaxe, Maui, aprende a navegar, a sobrevivir no océano, a enfrontarse a perigosos piratas ou a monstros mariños e, en definitiva, a superarse a si mesma.

A proxección, que é gratuíta, dará comezo ás 22 horas. Haberá cadeiras dispoñibles para o público e os menores deberán ir acompañado dun adulto.

A actividade celebrarase baixo o cumprimento do protocolo de prevención da Covid-19, manténdose as distancias de seguridade e sendo obrigatorio o uso de mascarilla por parte de todos os asistentes.

Vaiana

Volver