- As homenaxes recaeron en alumnos dos colexios de Baño e Ferro Couselo, do IES de Valga, da Escola de Música e, por vez primeira, do Centro Superior de Música

- O acto contou coa participación da subdirectora xeral de FP da Xunta, Mª Eugenia Pérez, que acompañou ao alcalde, á concelleira de Educación e aos directores de todos os centros

Expedientes20 1

Valga, 17 de xullo de 2020.

O Concello de Valga rendeu homenaxe aos mellores estudantes dos centros educativos do municipio nun acto celebrado onte pola tarde no Auditorio Municipal.

Os galardóns aos mellores expedientes de Educación Primaria recaeron en Ángela Acosta Suárez, do CEP Xesús Ferro Couselo, e Jesús Manuel Lafuente Bello, do CEIP Baño-Xanza. En Educación Secundaria Obrigatoria foi recoñecida Alexandra Bandín Gómez, mentras que en Bacharelato os mellores expedientes foron os de Martín Calvo Blanco, na rama de Ciencia e Tecnoloxía, e Laura Navarro Jamardo, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais.

No ciclo de Fabricación Mecánica de FP Básica foron dous os alumnos máis brillantes, Daniel Cachafeiro Lorenzo e Brais Rodríguez Ferreiro. No Ciclo Medio de Soldura e Caldeiraría o recoñecemento recaeu en Ismael García Cores e no Ciclo Superior de Construcións Metálicas, en Daniel Parada Rodríguez.

No referido á ensinanza musical, a estudante co mellor expediente do Grao Profesional da Escola Municipal de Música durante o curso recén rematado foi María Rodríguez Miguéns, na especialidade de Oboe, e no Grao Superior o alumno coas mellores cualificacións foi Ismael Azidane Chenlo, na especialidade Percusión. Por último, o mellor expediente do Centro Superior de Música no seu primeiro ano de funcionamento foi o de Mónica García Bereijo, na especialidade de Trompa.

Os galardoados recibiron un diploma, una placa e unha tablet, esta última aportada pola Consellería de Educación.

O acto contou coa participación do alcalde, José María Bello Maneiro, a concelleira de Educación, Carmen Gómez, e como representante da Xunta de Galicia asistiu a subdirectora xeral de Formación Profesional, Mª Eugenia Pérez Fernández. Os centros educativos valgueses tamén tiveron presenza na homenaxe da man dos directores do CRA de Valga, Adrián Baloira; do CEP Ferro Couselo, Miguel Fernández; do CEIP Baño-Xanza, Eva Zumalave; da Escola de Música e do CSM Galicia, Manuel Villar; e do IES de Valga, que estivo representado pola directora saínte, Mª Dolores Rego, e polo novo director, Eliseu Mera. Tamén asistiron representantes das Anpas dos distintos centros.

No turno de intervencións, o alcalde deu a “noraboa” a todos os galardoados e tamén ao profesorado dos respectivos centros e ás familias dos alumnos, xa que co esforzo de todos lograron acadar o éxito neste curso tan excepcional no que a pandemia do coronavirus obrigou a suspender as clases presenciais. “Isto non é máis que un punto e seguido para vós. Continuade nesta liña, que é a acertada”, díxolles aos estudantes.

O rexedor lembrou que este é o duodécimo curso que no que entregan estes galardóns e destacou que, por vez primeira, se incorpora o Centro Superior de Música, que vén de rematar o seu curso inaugural “Podemos presumir de ser o terceiro concello de Galicia en ter un Conservatorio de Música, ao nivel da Coruña e Vigo”.

As autoridades aludiron aos valores do traballo, o esforzo e a superación como chaves para acadar o éxito, non só nos estudos, senón na vida en xeral. A subdirectora xeral de FP salientou que “este foi un curso moi particular” no que o profesorado, as familias e os propios alumnos tiveron que facer “un esforzo especial” para adaptarse á nova situación. No que respecta á Formación Profesional, animou ás mulleres a apostar máis polos ciclos para que “a paridade chegue ás ramas profesionais máis diversas”.

En representación dos centros educativos de Valga falou a directora saínte do IES, Dolores Rego. “Os títulos e os diplomas contan, pero o máis importante é que os alumnos sexan felices e se divirtan aprendendo”, dixo. Algúns dos estudantes homenaxeados tamén tomaron a palabra para agradecer o traballo dos seus mestres eo apoio dos seus pais e familias, determinantes para lograr estes éxitos académicos. Tamén aplaudiron a iniciativa do Concello de entregar estes recoñecementos e tiveron palabras de ánimo e recordo para os seus compañeiros que, aínda poñendo as mesmas gañas e implicación, non acadaron os resultados desexados.

A gala contou coas actuacións musicais de dúas das galardoadas, María Rodríguez Miguéns e Mónica García Bereijo, que estiveron acompañadas ao piano pola profesora Paula Gago.

O acto celebrouse baixo o cumprimento da normativa sanitaria en vigor debido á pandemia da Covid-19. Todos as asitentes, que foron numerosos, tiveron que usar obrigatoriamente mascarilla e na entrada do Auditorio contaron con subministradores de xel hidroalcohólico para desinfectar as mans. Ademais, na porta de acceso tomóuselles a temperatura a todas as persoas cun térmometro de infravermellos e a distribución nas butacas do Auditorio fíxose gardando a distancia de seguridade.

Depois de rematar a entrega dos recoñecementos, o CEIP Baño-Xanza celebrou no propio Auditorio un breve acto de despedida do alumnado de 6º de Primaria, que finaliza a súa etapa no centro.

Expedientes20 2 Expedientes20 3

Expedientes20 4 Expedientes20 5

Expedientes20 6 Expedientes20 7

Expedientes20 8 Expedientes20 9

Expedientes20 1

 

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver