Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Poderán verse variedades exclusivas e de colección traídas de China, Xapón ou Vietnam

- A organización propón aos participantes locais que elaboren traballos relacionados coa Bella Otero, ao cumplirse este ano o 150 aniversario do seu nacemento

cartel Otero

Valga, 25 de xaneiro de 2018.

A asociación de Mulleres Rurais “Albor” organiza, coa colaboración do Concello, a XII Exposición da Camelia Bella Otero, que terá lugar os días 24 e 25 de febreiro no Auditorio Municipal e contará coa participación de viveiristas e afeccionados chegados dende distintos puntos de Galicia e de Portugal e tamén de asociacións, colexios e veciños de Valga.

Rosa Crespo, presidenta de “Albor”, avanza que participarán na mostra unha vintena de expositores profesionais e coleccionistas procedentes de Guimarães (Portugal), Tui, Redondela, Domaio, Vigo, Marín, Santiago, Rianxo, Padrón ou Valga, entre outras localidades. Varios deles, como é o caso da propia Rosa Crespo, foron galardoados coa Camelia de Ouro, máxima distinción que se outoga anualmente na Exposición Internacional e que premia a mellor colección de camelias. “Contaremos con expositores moi bos, polo que esta será unha grande oportunidade para ver camelias de colección traídas de países como Xapón, China ou Vietnam e coñecer algunhas das variedades máis novidosas e exclusivas”, destaca Rosa Crespo.

Nembargantes, a presidenta de “Albor” outorga tanta o máis importancia á participación local, xa que son numerosos os particulares e colectivos que se suman á exposición e elaboran centros e traballos con camelias. Un xurado será o encargado de valorar cada unha das composición e outorgará varios recoñecementos ás máis fermosas e destacadas. Nesta edición, que coincide co ano no que se cumpre o 150 aniversario do nacemento da Bella Otero, Rosa Crespo propón aos participantes que os seus traballos garden relación coa famosa bailarina valguesa, símbolo da Belle Époque.

A XI Exposición da Camelia Bella Otero abrirá ao público ás 13 horas do sábado, 24 de febreiro. Con anterioridade, a partir das dez da mañá, terá lugar a recepción dos participantes. A inauguración oficial está prevista para as 18:30 horas co acompañamento de “Música entre camelias” a cargo da Coral Polifónica Santa Comba de Cordeiro e de solistas da Escola Municipal de Música. Durante a xornada do domingo, a mostra permancerá aberta ao público entre as 11 e as 20 horas.

cartel Otero

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver