Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estará emprazada ás portas do Concello entre as 10:30 e as 13:00 horas

- As persoas que se acheguen recibirán folletos divulgativos e agasallos promocionais

revitaliza

Valga, 9 de xullo de 2020.

Unha carpa divulgativa do Plan Revitaliza instalarase en Valga o vindeiro luns, 13 de xullo, para informar aos veciños sobre o proxecto de compostaxe individual e comunitaria que o Concello e a Deputación porán en marcha proximamente no municipio.

A carpa emprazarase ás portas do Concello de 10:30 a 13:00 horas e dará información e resolverá dúbidas sobre esta forma de xestión dos residuos orgánicos, tanto a través de centros de compostaxe comunitarios coma de composteiros individuais.

A mestra composteira contratada polo Concello e técnicos da Deputación Provincial atenderán ao público na carpa. Os veciños que se acheguen recibirán folletos divulgativos e agasallos promocionais do Plan Revitaliza.

O Concello de Valga decidiu adherirse ao Plan Revitaliza co obxectivo de fomentar a compostaxe como un modelo de xestión do lixo ambientalmente sustentable. A subministración dos composteiros individuais, que se repartirán entre veciños con vivendas unifamiliares, e dos centros de compostaxe comunitaria, que se instalarán nas zonas máis urbanas, está actualmente en proceso de adxudicación para a súa posta en marcha proximamente.

Volver