Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- É o terceiro lote de alimentos recibido do establecemento e inclúe froita, leite, pasta e conservas, entre outros

- O punto de recollida continúa a disposición de todos os veciños que queiran colaborar na tenda de Ferreirós

alimentos eiras0

Valga, 7 de xullo de 2020.

O departamento de Servizos Sociais do Concello recibiu unha nova remesa de produtos básicos doados polo establecemento comercial Alimentación Eiras e os seus clientes.

Leite, aceite, conservas, pasta, legumes, azucre, cacao, galletas e froita, entre outros alimentos, forman parte do lote, que será distribuído entre as familias sen recursos ou en situación de vulnerabilidade do municipio.

Este é o terceiro lote de produtos que Servizos Sociais recibe de Alimentación Eiras. Os propietarios desta tenda, situada en Ferreirós, decidiron establecer un punto de recollida de alimentos de primeira necesidade para contribuír a paliar a crise provocada pola pandemia do coronavirus. Neste punto todos os clientes e veciños que o desexen poden realizar as súas doazóns.

O Concello louva esta iniciativa exemplar e solidaria de Alimentación Eiras e agradece aos seus propietarios e aos seus clientes as doazóns que están realizando.

      alimentos eiras1             alimentos eiras2

alimentos eiras3

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver