Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A orquestra “Camerata Arven” acompañou aos directores e cantantes no primeiro acto aberto ao público no Auditorio tralo Estado de Alarma

- O CSM ten aberto ata o día 13 o prazo de inscrición nas probas de acceso para o curso 2020/2021

ConcertoCSM1

Valga, 6 de xullo de 2020.

O Centro Superior de Música (CSM Galicia) clausurou onte o curso 2019/2020 cun concerto lírico a cargo dos alumnos que, durante a pasada semana, participaron no encontro de dirección co mestre Cristóbal Soler e na masterclass de canto impartida pola soprano Lorena Valero.

A gala lírica contou tamén coa participación da orquestra de cámara “Camerata Arven”, que acompañou aos directores e cantantes na interpretación dun repertorio de arias de Ópera e romanzas de Zarzuela. Este foi, ademais, o primeiro concerto aberto ao público que se celebrou no Auditorio dende que se declarara o Estado de Alarma debido á pandemia do coronavirus.

O director do CSM Galicia, Manuel Villar Touceda, e o alcalde, José María Bello Maneiro, deron por clausurado oficialmente o curso –o primeiro do centro con sede no Auditorio de Cordeiro– que contou con corenta alumnos. “Valorámolo coma un éxito tremendo. Aínda que os comezos sempre son duros, o alumnado respondeu moi ben. Podes ter unhas boas instalacións e uns grandes mestres, pero sen alumnos pouco se pode facer”, indica o director. Os últimos meses estiveron marcados pola situación de emerxencia sanitaria a causa da Covid-19, un obstáculo que o Centro Superior de Música sorteou recorrendo áos medios telemáticos para manter a actividade formativa. A comezos de xuño retomáronse, baixo o estrito cumprimento das normas sanitarias, as clases presenciais individuais no Auditorio.

Probas de acceso para o curso 2020/2021

O CSM Galicia ten aberto ata o vindeiro 13 de xullo o prazo de inscrición nas probas de acceso para o curso 2020/2021.

Os alumnos que queiran estudar o Grao Superior de Música no centro valgués teñen que cubrir o formulario de inscrición a través da ligazón https://www.csmgalicia.com/pruebas-de-acceso/ .

As probas, específicas por especialidade e itinerario, terán lugar no Auditorio Municipal os días 20, 21, 22 e 23 de xullo, de 9 a 15 horas. O calendario será o seguinte:

- Luns 20 de xullo: Música Moderna e Percusión.

- Martes 21 de xullo: Itinerario de Corda, Vento Metal e Vento Madeira

- Mércores 22 de xullo: Composición, Dirección e Canto

- Xoves 23 de xullo: Música Antiga, Música Tradicional e Popular de Galicia, Pedagoxía, Musicoloxía e Produción e Xestión

ConcertoCSM2          ConcertoCSM22

ConcertoCSM3 ConcertoCSM4

ConcertoCSM5 ConcertoCSM6

Volver