Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas que realicen compras nestas tendas e negocios poderán gañar premios de 500 euros nos sorteos mensuais

- As papeletas premiadas terán que coincidir coas catro últimas cifras do sorteo da Lotaría Nacional

MercaValgaWeb

Valga, 29 de xuño de 2020.

Un total de 71 establecementos de Valga participan a partir do mes de xullo na campaña Merca-Valga, promovida polo Concello para incentivar as compras no comercio local e reactivar a economía no municipio trala crise do Covid-19.

Entre os negocios adheridos hai bares e restaurantes, tendas de alimentación, salóns de peiteado e estilismo, farmacias, carpinterías, estancos, estudos de fotografía, ferraxerías, droguerías, florerías, talleres de automoción, tendas de moda e fogar, mercerías, panaderías e pastelerías, taxis, logopedias, consultorías, negocios de xardinería e produtos agrícolas, hoteis e establecementos deportivos, entre outros.

A partir do mes de xullo, os clientes dos establecementos adheridos a Merca-Valga poderán optar a premios de 500 euros nos sorteos que se realizarán con periodicidade mensual.

Cando realicen as súas compras, recibirán boletos numerados e o premio recaerá naquela papeleta que coincida coas catro últimas cifras do sorteo da Lotaría Nacional do último día de cada mes: 30 de xullo, 29 de agosto, 26 de setembro, 31 de outubro e 28 de novembro. Para cada sorteo só serán válidos os boletos entregados durante ese mes e ao seguinte iniciarase un novo reparto.

Os gañadores poderán gastar os 500 euros dos seus premios nas tendas e negocios participantes en Merca-Valga.

Bases de Merca-Valga

 

MercaValgaCartel

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver