Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Estase actuando no leito do regato, coa construción dun aliviadoiro e outras melloras no entorno da piscina

- Os traballos son executados pola empresa Covsa e fináncianse a través dun préstamo da Caixa de Anticipios da Deputación

ObrasplayaValga1

Valga, 26 de xuño de 2020.

A empresa Covsa está a executar obras de acondicionamento no Parque Irmáns Dios Mosquera, en concreto na zona da praia fluvial. Os traballos, nos que o Concello inviste 62.080’22 euros procedentes dun préstamo da Caixa de Anticipos da Deputación, inclúen actuacións no leito do regato e no vaso da piscina, así coma outras melloras na área de lecer.

O leito do regato foi acondicionado con pedra para encauzar o río polo seu lugar orixinal e evitar que, no inverno e en épocas de crecidas, sexa arrastrada a area de recheo que se utiliza nesa zona da praia.  A área de baño tamén se está dotando dun aliviadoiro para evitar danos en épocas de chuvias nas que aumenta o caudal.

As obras proxectadas para este entorno inclúen outras actuacións de acondicionamento do vaso da piscina e, por último, a habilitación dun local para aseos públicos.

ObrasplayaValga2 ObrasplayaValga1

           ObrasplayaValga3             ObrasplayaValga4

Volver