Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- José María Bello Maneiro ratifica que “todo o que fai o Concello está dentro da legalidade”

- “En política non vale todo. Hai que ser serios e respectuosos e alguén ten que empezar a tomar medidas contra as descalificacións e os insultos”

DSC 0033

Valga, 24 de xaneiro de 2018.

O alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, acompañado polas concelleiras Begoña Piñeiro e Carmen Gómez compareceu esta mañá para negar todas e cada unha das acusacións e descalificacións que o portavoz de En Marea, Luís Villares, proferiu a semana pasada e que afectaban non só ao  grupo de goberno senón tamén a funcionarios e traballadores municipais. Os asesores xurídicos están a estudar a interposición dunha querela contra o señor Villares e o seu partido. “En política non todo vale. Hai que ser serios e respectuosos e xa é hora de que alguén empece a tomar medidas contra as descalificacións e os insultos”, sostén o alcalde en nome do equipo de goberno.

O rexedor remarcou que “é falso que o Concello contratara a unha sociedade. Contratou durante un ano por 1.000 euros ao mes a unha persoa autónoma, precisamente para garantir o bo funcionamento da administración e para axilizar temas atrasados que o anterior responsable non logrou poñer en día. Este contrato remata en xuño e é un traballo que, na meirande parte, non se fai físicamente no Concello de Valga, senón de xeito telemático a través da Sede Electrónica que implantou o Concello. Ao traballar con ordenadores é doado tirar do fío e saber quen traballa”, remarcou o alcalde, que engadiu que "o señor Villares debe saber sobre iso porque, segundo recolleron algúns medios de comunicación, denunciárono ante a Fiscalía Xeral do Estado, o Consello Xeral do Poder Xudicial e a Axencia Española de Protección de Datos por, presuntamente, utilizar os servizos informáticos e a rede interna do Poder Xudicial para coñecer procesos xudiciais sobre políticos doutros partidos”.

Bello Maneiro defendeu a profesionalidade, responsabilidade e compromiso do secretario e o interventor que exercen como acumulados en Valga. O salario que recollen os orzamentos para o secretario e o interventor está dentro que marca a lei, e non só iso, “senón que é superior ao mínimo que establece a lei. Porque ten que pagar máis o Concello de Valga?”, afirmou Bello Maneiro. Ademais, aludiu “á irresponsabilidade” de que o Colexio de Secretarios e Interventores (Cosital) contribúa a difamar a dous dos seus asociados. Pregúntase o goberno de Valga se, por esa regra de tres, “o secretario de Pontevedra, un dos que asina o recurso contra os orzamentos municipais, cobra un bo soldo para que faga o que quere o alcalde? Ou se o alcalde de Santiago ten como secretario a unha persoa da súa confianza polo mesmo motivo? Nós dicimos que non. Son profesionais que defenden a legalidade e cumpren coas súas obrigas e deberes. Os de Valga tamén. Pero algúns non reparan en que detrás destes dous profesionais hai dúas persoas que teñen familia”.

As dietas que perciben “tamén están recollidas na lei. Cobran 37,40 euros por cada día que veñen ao Concello. Só faltaría que tiveran que pagar do seu bolsillo as comidas e os desprazamentos dende Riveira e Sanxenxo”, engade o alcalde. Hai que ter en conta que o secretario e o interventor acuden ao Concello de Valga un ou dous días á semana.

Sobre o recurso interposto por Cosital aos orzamentos municipais, o alcalde pregúntase “cantos recursos presentaron aos presupostos de concellos da Provincia por non ter RPT e tesoureiro? Que interese teñen en recurrir en Valga?”. Os orzamentos cumpren coa legalidade xa que inclúen tanto a relización do persoal municipal como a praza de tesoureiro e, ademais, a súa aprobación “foi totalmente transparente”.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver