Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A inscrición pode realizarse a través da páxina web do CSM e o prazo remata o 13 de xullo

- As probas realizaranse no Auditorio Municipal entre os días 20 e o 23 do próximo mes

CSMAcceso

Valga, 25 de xuño de 2020.

O Centro Superior de Música (CSM Galicia) ten aberto o prazo de inscrición nas probas de acceso para o curso 2020/2021.

Os alumnos que queiran estudar o Grao Superior de Música no centro valgués teñen que cubrir o formulario de inscrición a través da ligazón https://www.csmgalicia.com/pruebas-de-acceso/. O prazo remata o 13 xullo.

As probas de acceso, específicas por especialidade e itinerario, terán lugar no Auditorio Municipal os día 20, 21, 22 e 23 de xullo, de 9 a 15 horas. O calendario será o seguinte:

  • Luns 20 de xullo: Música Moderna e Percusión.
  • Martes 21 de xullo: Itinerario de Corda, Vento Metal e Vento Madeira
  • Mércores 22 de xullo: Composición, Dirección e Canto
  • Xoves 23 de xullo: Música Antiga, Música Tradicional e Popular de Galicia, Pedagoxía, Musicoloxía e Produción e Xestión

O listado definitivo de aspirantes que superen as probas nesta convocatoria de xullo darase a coñecer o día 29 dese mes.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver