- Entregaron aos presentes os documentos precisos para formalizar a matrícula e abonar as taxas, que se manteñen invariables con respecto á etapa anterior

- O centro de ensinanzas musicais conta na actualidade con 225 alumnos e un equipo de 19 profesores

escola música

Valga, 20 de xaneiro de 2018.

O alcade, José María Bello Maneiro, e as concelleiras Begoña Piñeiro e Ramona Otero mantiveron na tarde de onte un encontró con pais de alumnos da Escola Municipal de Música para explicarles o novo modelo de xestión que entrou en vigor o pasado día 2 de xaneiro. Foi nesa data cando o Concello de Valga asumiu as responsabilidades na xestión do centro de estudos musicais, delegadas mediante contrato á empresa Servizos e Producións Villar-Rey de Galicia S.L., toda vez que os orzamentos para este ano 2018 recollen os fondos precisos.

O alcalde e as concelleiras explicaron aos pais presentes que os prezos da matrícula e das clases mantéñense invariables con respecto á etapa anterior. A matrícula é de 20 euros para os alumnos empadroados en Valga e para os exalumnos e colaboradores da Banda de Música. Os usuarios empadroados noutras vilas deberán abonar, ademais da citada cantidade, 12 euros ao mes durante os dez meses que dura o curso.

Os prezos das clases colectivas son os seguintes:

  • Música e Movemento / Linguaxe Musical: 18 euros
  • Danza, Harmonía, Historia da Música (con instrumento): 10 euros
  • Danza, Harmonía, Historia da Música (sen instrumento): 18 euros
  • Agrupacións: Banda, Big Band, Conxunto, Coro: gratuítas

As clases individuais teñen os seguintes prezos:

  • Clases de instrumento: Vento, Corda fretada (con agrupacións): 44 euros
  • Clases de instrumento: Vento, Corda fretada (sen agrupacións): 51 euros
  • Percusión (con agrupacións): 50 euros
  • Percusión (sen agrupacións): 57 euros
  • Clases de instrumento: Gaita, Acordeón, Guitarra, Piano, Canto: 51 euros
  • Instrumentos complementarios: Canto, Piano (30 minutos, individual): 20 euros

Todos os irmáns e pais que reciban clase de instrumento poden beneficiarse de reducións nos prezos. A diminución é de 5 euros ao mes para o segundo membro da familia, de 10 euros mensuais para o terceiro membro e de 15 euros mensuais para o cuarto. Estas reduccións deben solicitarse no momento de efectuar a matrícula, aportando ademais unha copia compulsada do Libro de Familia.

O Concello abriu unha conta bancaria específica para o abono das taxas da Escola de Música e na reunión de onte entregouse aos presentes o documento para a domiciliación bancaria dos recibos que, unha vez cuberto ,debe entregarse no Concello ou no Auditorio.

No encontró participaron tamén o director da Escola de Música, Manuel Villar Touceda, e un membro da nova directiva da asociación Musival. A Escola Municipal conta na actualidade con 225 alumnos aos que imparte clase un equipo de 19 profesores.

Os pais que non asistiron á reunión de onte poden descargar a documentación nos seguintes enlaces:

- Prezos públicos pola prestación do servizo da Escola Municipal de Música

- Normas de xestión

- Solicitude de domiciliación bancaria

- Solicitude de bonificación do prezo público da Escola de Música

- Autorización para a toma de fotografías

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver