Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os veciños poden solicitar a súa cita a través da web www.valga.gal ou no teléfono 986 55 94 56

- A súa xestión poderá ser atendida presencial ou telefonicamente, a elección do solicitante

CasaConcello

Valga, 12 de xuño de 2020.

O Concello de Valga retoma o vindeiro luns, 11 de xuño, a atención presencial baixo o sistema de cita previa.

Os veciños que queiran realizar calquera xestión ou consulta nas oficinas municipais poden solicitar a súa cita a través da ligazón https://valga.sedelectronica.gal/citaprevia.0 ou chamando ao teléfono 986 55 94 56. O solicitante poderá elixir por que servizo quere ser atendido (Servizos Sociais, Oficina técnica, Orientación Laboral e Emprego, Administración, Intervención, Tesourería, Secretaría e Taxas e Impostos municipais) e seleccionar o día e a hora que prefiran, entre os que estean dispoñibles.

As persoas que acudan ao Concello deberán respectar todas as normas ditadas polas autoridades sanitarias, levando sempre mascarilla e gardando a distancia de seguridade. Terán á súa disposición xel hidroalcohólico. Tamén importante que os cidadáns acudan sós ás súas citas (salvo casos excepcionais nos que sexa estritamente necesario ir acompañado) para evitar que se acumule xente no interior das oficinas e tendo en conta que na maioría de despachos só poderá entrar unha persoa por motivos de espazo.

Para ordear o fluxo de veciños que acudan ao Concello instalouse na planta baixa do Consistorio un novo despacho dende o que se comprobará que as persoas que accedan ao interior o fagan con cita. Ademais, neste despacho levaranse a cabo as xestións relacionadas co Rexistro e o Padrón e ofrecerase información xeral.

Aqueles cidadáns que, por calquera motivo, non puidesen facer uso da súa cita deben anulala para que poida estar dispoñible para outras persoas.

NormasConcello

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver