Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Consellería de Educación investirá no proxecto 854.064 euros

- A substitución da cuberta, melloras na fachada, a renovación das ventás e dos baños son algúns dos traballos que se executarán

BañoInfantil

Valga, 10 de xuño de 2020.

Un total de quince empresas presentaron ofertas para optar á adxudicación das obras de rehabilitación integral do CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, no que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional investirá 854.064’09 euros.

As empresas licitadoras son Construcións Abal, Petrolam Infraestruturas, Construcións Ángel Jove, Proyecon Galicia, Construcións Iglesias Mera, Fachadas García, Construcións Jesús Naray, JStop Obras e Servizos, Construcións Orega, Construcións Ramírez, Desarrolla Obras e Servizos, Construcións Taboada y Ramos, Construcións e Proxectos Abilleira e dúas UTE (unión temporal de empresas) formadas por Proforma e Cota Estudos Construcións e por Prado Lameiro e Atcon S.L.

Técnicos da Consellería de Educación elaborarán agora un informe sobre as ofertas presentadas por cada unha das empresas para elixir a máis vantaxosa.

A Xunta ten previsto executar as obras no interior do colexio durante este verán e compatibilizar o remate dos traballos exteriores coa actividade docente ao comezo do vindeiro curso.

A rehabilitación afectará tanto ao edificio de Educación Primaria, o máis antigo que data de 1973, coma ao de Educación Infantil, moito máis recente. No edificio de Primaria os traballos a realizar inclúen:

- A substitución da cuberta por panel de sándwich de chapa de aceiro galvanizado con recheo de espuma de poliuretano, incluídos os canlóns e as baixantes

- Melloras na fachada, que será sometida a reparacións e limpeza e á colocación de illamento térmico.

- Substitución das ventás actuais por carpintería de aluminio con rotura de ponte térmica e dobre vidro baixo emisivo e renovación das persianas.

- Instalación de novas luminarias con tecnoloxía LED nas aulas de arte, de actividades extraescolares e na ludoteca.

- Reforma dos baños da segunda planta, nos que se reformarán as instalacións de fontanería e saneamento, substituiranse os alicatados, pintaranse os teitos, renovaranse os sanitarios e griferías e tamén as carpinterías interiores.

- Outras melloras xerais coma o pintado e acondicionamento de aulas

No edificio de Educación Infantil a principal obra a realizar será a mellora do illamento térmico.

 

As actuacións programadas no centro educativo completaranse coa limpeza e baleirado da fosa séptica e a instalación do colector para a acometida á rede xeral de saneamento.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver