Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As obras, cun orzamento de 84.570,92 euros, suporán a eliminación do bombeo e a instalación dunha canalización ata Forno

- O goberno local volve solicitar aos veciños que eviten tirar polo inodoro toalliñas húmidas e outros materiais non biodegradables

 

Valga, 19 de xaneiro de 2018.

O Concello de Valga ten iniciado o procedemento para contratar obras de mellora da rede de saneamento no lugar de Barcia e evitar así as afeccións que un bombeo causa en dúas viviendas e que son consecuencia do vertido de materias non biodegradables, como toalliñas ou plásticos, a rede de alcantarillado.

O proxecto, cun orzamento de 84.570,92 euros, finánciase con fondos que son resultado das baixas doutras obras e conlevará a eliminación do pozo de bombeo de Barcia e a colocación dunha nova tubaxe ata o lugar de Forno, onde a canalización enlazará coa rede xeral de saneamento municipal. Na actualidadade, cando a bomba deste pozo se atranca xera unhas vibracións que ocasionan problemas nas vivendas colindantes, en concreto en dous inmobles. Con estas obras porase fin a esta situación.

Os atascos na rede de alcantarillado debido ao vertido de materiais que non son biodegradables non son exclusivos desta zona, senón que se producen a cotío. Por iso, o Concello volve a solicitar á veciñanza que eviten tirar polo inodoro toalliñas hixiénicas, compresas ou envoltorios plásticos e contribúan así a poñer fin a esta problemática que causa importantes inconvintes tanto no funcionamento da rede municipal de saneamento como para os veciños que residen no entorno das zonas afectadas e xenera unha notable repercusión económica para as arcas públicas.

 

Volver