Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Os establecementos que queiran participar nesta iniciativa teñen de prazo ata o 26 de xuño para inscribirse

- As persoas que realicen compras nas tendas e negocios de Valga poderán gañar premios de 500 euros nos sorteos mensuais

 

Valga, 6 de xuño de 2020.

“Merca-Valga” é o nome da iniciativa que o Concello de Valga vai poñer en marcha durante a segunda metade do ano para promocionar o comercio e contribuír á reactivación da economía local.

Trátase dun concurso para incentivar as compras nas tendas e negocios do municipio entre os meses de xullo e novembro. Os clientes dos comercios de Valga poderán optar a premios de 500 euros nos sorteos que se realizarán con periodicidade mensual.

Cando realicen as súas compras nos establecementos adheridos, os clientes recibirán boletos numerados e o premio recaerá naquel tícket que coincida co número do sorteo da Lotaría Nacional do último día de cada mes. Para cada sorteo só serán válidos os boletos entregados durante ese mes e ao seguinte iniciarase un novo reparto.

Os gañadores disporán de 500 euros para gastar nas tendas e negocios participantes en Merca-Valga.

Os establecentos que queiran adherirse a esta iniciativa teñen de prazo ata o día 26 de xuño, cubrindo unha folla de inscrición e entregándoa na Casa do Concello.

Folla de Inscrición en Merca-Valga

Bases de Merca Valga

MercaValga

Volver