- Impártese na modalidade de teleformación entre o 19 de febrero e o 25 de maio e, ao remate, convocarase o exame presencial

- As persoas que non entren na convocatoria poden realizar igualmente o curso seleccionando a opción “autoformación”

banner cemit

Valga, 19 de xaneiro de 2018.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) abre o vindeiro martes, 23 de xaneiro, o prazo de inscrición no curso de  teleformación para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática (Codix). A convocatoria sairá publicada o luns 22 de xaneiro no Diario Oficial de Galicia con 180 prazas para o curso preparatorio previo ao exame presencial que terá lugar a finais do mes de maio.

Para acceder a este curso os únicos requisitos necesarios son ser maior de 16 anos, estar dado de alta como usuarios da rede CeMIT, da que forma parte a Aula CeMIT de Valga, e abonar a taxa correspondente aos dereitos de exame. O curso de preparación impártese na modalidade de teleformación con titorías de apoio, polo que soamente será necesario contar cun ordenador persoal e conexión a internet para seguir a formación dende calquera lugar e en calquera momento.

O prazo de inscrición será de cinco días hábiles partir do seguinte da publicación da convocatoria no DOG, é dicir, dende o martes 24 de xaneiro ata o luns 30 de xaneiro incluído. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, realizarase o sorteo das letras do apelido para establecer a orde dos preinscritos con dereito a matriculación así como a listaxe de posibles reservas.

Publicarase o resultado na páxina web da rede CeMIT (https://cemit.xunta.gal) e enviaraselle as persoas preseleccionadas un correo coas instruccións e prazo para a realización do pagamento, así como da súa matriculación unha vez realicen este trámite en tempo e forma. As vacantes serán cubertas por orde de chamamento das reservas.

Durante as 12 semanas de duración deste curso, dende o 19 de frebreiro ata o 25 de maio, as persoas matriculadas formaranse nos contidos que compoñen o Plan Formativo Ofimático de Galicia, composto actualmente polas cinco unidades nas que se estrutura o módulo formativo MF0233_2 «Ofimática» (190 horas) do Repertorio Nacional de certificados de profesionalidade:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base (50 horas)
  • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer. (30 horas)
  • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc (50 horas)

O curso é preparatorio, polo que a súa realización non xenera dereito a expedición de ningún diploma ou certificación. O CODIX se obtén unha vez superadas o exame presencial que se realizará na última semana de maio.

As persoas que non entren nesta convocatoria poden realizar igualmente o curso seleccionando a opción “autoformación”. O temario é o mesmo aínda que non contarán con titorías.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver