- O certame trata de implicar á cidadanía no coidado e rehabilitación dos espazos comúns

- O Concello aporta os materiais precisos para executar as obras e outorga premios de 300, 200 e 100 euros aos participantes

 

Valga, 4 de xuño de 2020.

O Concello convoca un ano máis o concurso “Embelecer Valga”, que pretende implicar á veciñanza no coidado e rehabilitación de espazos e zonas comúns do municipio para o seu posterior desfrute por parte de toda a poboación

O certame premia ao lugar máis fermoso acondicionado polos veciños dos diferentes núcleos, que deberán agruparse para levar a cabo accións consistentes na limpeza, mellora, dotación de equipamentos ou ornamentación.

Para participar teñen que crear unha comisión de carácter veciñal, asociativo ou de calquera outro tipo e entregar no Concello unha solicitude encabezada por un representante e asinada por un mínimo de tres persoas. Ademais, teñen que entregar unha pequena memoria descritiva das accións de mellora a desenvolver e os materiais que se estimen precisos, incluíndo fotografías que reflexen o estado actual do lugar no que se levarán a cabo as actuacións. O Concello será o encargado da dotación do material preciso e que sexa acordado por ambas partes.

O prazo para presentar as solicitudes remata o día 15 de xullo.

O xurado encargado de valorar cada unha das actuacións estará composto polos concelleiros de Medio Ambiente, Cultura, Turismo e Patrimonio e un representante de cada comisión participante. Valoraranse aspectos como a adecuación final á memoria presentada, a orixinalidade e a cretividade nos deseños e elementos decorativos, o aproveitamento dos recursos e materiais da zona, a conservación e deseño de espazos verdes coma xardíns e áreas recreativas, a recuperación de elementos existentes no lugar e o fomento da cultura e da tradición locais.

O proxecto mellor valorado será premiado con 300 euros, o segundo recibirá 200 euros e o terceiro, 100 euros. Os tres primeiros clasificados recibirán tamén un trofeo e o resto de participantes serán gratificados con 100 euros e un diploma conmemorativo.

Bases completas de Embelecer Valga 2020

Folla de inscrición en Embelecer Valga 

Embelecer2020

boton auditorio

boton edificio usos admin

boton casa cultura

boton codi

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bella otero

boton rueiro

boton tokapp

boton directorio

boton tempo

Volver