Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A incidencia afectou a unha das tubaxes que atravesa o río á altura da illa de Bexo, augas abaixo de Vilar

- O subministro de auga en Valga mantívose grazas ás reservas dos depósitos municipais 

 

Valga, 18 de xaneiro de 2018.

A avaría que nos últimos días afectou á captación do Ulla, que abastece auga a Valga e a outros municipios da contorna, quedou reparada esta tarde, polo que a situación do subministro xa está normalizada.

A incidencia detectouse na tarde do martes e afectou a unha das tubaxes que cruzan o río á altura da illa de Bexo, augas abaixo de Vilar. En Valga apenas se deixaron notar os efectos ata esta mañá, cando o abastecemento de auga se viu mermado nalgunhas das zonas máis altas da parroquia de Cordeiro. No resto do municipio o subministro continou con normalidade durante os últimos días grazas ás reservas de auga dos depósitos municipais e tamén á captación do río Valga.

Logo dos traballos de reparación realizados por operarios de Espina y Delfín, Augas de Galicia deu por solventada a avaría durante esta tarde.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver