Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As probas só se realizarán ás persoas que foron citadas previamente e elixidas aleatoriamente

- Soamente os veciños que acudan a facer estes test teñen autorizado aparcar na parte traseira do Centro de Médico

CentroMédicoPAC

Valga, 4 de xuño de 2020.

A Consellería de Sanidade realizará a partir do luns unha nova quenda de test do coronavirus a usuarios do Centro de Saúde de Valga no marco do estudo de seroprevalencia promovido pola Xunta de Galicia para coñecer a incidencia da Covid-19 entre a poboación da nosa comunidade.

As probas só se realizarán a aquelas persoas que foron citadas polo persoal do Centro Médico, e seleccionadas aleatoriamente polo Instituto Galego de Estatística.

Os usuarios que acudan a facer o test terán que entrar ao Centro de Saúde pola porta traseira. Por iso no espazo exterior existente na parte de atrás do centro só estarán autorizadas a aparcar estas persoas. O resto de usuarios deberán utilizar as prazas sinalizadas no entorno do Centro de Saúde.

Volver