Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa encargada da xestión desinfectará as instalacións dúas veces ao día

- Pídese responsabilidade aos usuarios para garantir a distancia de seguridade

Ximnasio20

Valga, 1 de xuño de 2020.

O ximnasio municipal de Valga reabriu esta mañá baixo unhas medidas excepcionais de hixiene e prevención ante o coronavirus Covid-19.

O centro deportivo emprazado en Beiro (Cordeiro) conta cun protocolo elaborado por unha empresa de prevención de riscos laborais e vixilancia da saúde no que se recollen as medidas a adoptar para garantir un entorno seguro para a práctica deportiva e unha serie de instrucións de obrigado cumprimento para os usuarios que acudan ás instalacións.

A empresa responsable da xestión do ximnasio explica que o aforo máximo nestes momentos é de 18 persoas. Ao acceder, os usuarios deben pasar sobre unha alfombra desinfectante e, unha vez no interior, contarán con cinco puntos dispensadores de xel hidroalcohólico distribuídos por todo o recinto.

Cada usuario ten que acudir cunha toalla grande que cubra todo o banco e debe desinfectar as máquinas que vaia a empregar tanto antes coma despois do seu uso. En todo momento debe manterse a distancia de seguridade entre persoas, motivo polo que se modificou a distribución dos aparatos, separándoos entre si.

Ademais de todas estas medidas, o concesionario da xestión do ximnasio desinfectará por completo as instalacións dúas veces ao día: unha ao finalizar a xornada de mañá e outra ao rematar o horario de tarde.

O horario de apertura mantense conforme ao habitual antes de declararse o Estado de Alarma: de 9:30 a 12:30 polas mañás e de 17:30 a 22:30 pola tarde.

As actividades grupais permanecen polo de agora suspendidas á espera de que posteriores fases da desescalada permitan a súa realización con seguridade.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver