- A oficina do vixilante municipal atópase na planta baixa do inmoble, situado na praza Vicente Cousiño
- No mesmo edificio xa estaban operativos o Xulgado de Paz, a biblioteca e Radio Valga
Valga, 26 de maio de 2020.
O Edificio Administrativo alberga dende hai uns días un novo servizo público, a Policía Local, que trasladou a súa sede dende o Museo da Historia ao inmoble situado na praza Manuel Vicente Cousiño.
A partir de agora, o vixilante municipal atende ao público na planta baixa do edificio do usos administrativos, onde se habilitou un despacho que conta con equipamento informático e o mobiliario preciso para o desempeño das súas funcións.
As persoas que queiran acudir á nova sede da Policía municipal teñen que acceder pola fachada principal do Edificio Administrativo –a que dá á prazuela–, pola porta situada no lado esquerdo.
Ademais da Policía Local, no edificio de usos administrativos xa se prestan outros servizos á cidadanía. Alí atópanse o Xulgado de Paz, unha biblioteca municipal e os estudos de Radio Valga.