Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O promotor da iniciativa benéfica, Elías Sanmarco, contou coa colaboración de doce empresas da comarca

- Leite, ovos, fariña ou pasta son algúns dos produtos entregados

AlimentosSPaiasos1

Valga, 20 de maio de 2020.

Sete familias de Valga das que forman parte doce menores de idade están a recibir na xornada de hoxe lotes de produtos alimenticios que foron doados pola entidade "Show dos Pallasos", representada por Elías Sanmarco.

Esta é a segunda remesa de alimentos que distribúe o departamento de Servizos Sociais do Concello no marco desta acción solidaria, na que colaboran empresas da comarca. Neste caso, en concreto, foron doce as compañías que realizaron aportacións para que as familias beneficiarias poidan contar con produtos de primeira necesidade.

Entre os alimentos repartidos hai leite, aceite, fariña, pasta, conservas, ovos, galletas, batidos ou azucre.

Con esta iniciativa benéfica, Elías Sanmarco trata de axudar a que as familias que máis o necesitan poidan sobrelevar a crise tanto sanitaria coma económica provocada pola pandemia do coronavirus. O Concello agradécelle a súa solidariedade en nome dos beneficiarios e, en xeral, de todos os veciños de Valga.

AlimentosSPaiasos2 AlimentosSPaiasos3

Volver