Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Este programa fomentará a compostaxe comunitaria e individual entre os veciños de Valga

- A obtención de abono natural a partir de restos orgánicos conlevará beneficios medioambientais

revitaliza

Valga, 18 de maio de 2020.

O Concello incorporou a pasada semana unha mestra composteira para impulsar a xestión de biorresiduos mediante a compostaxe comunitaria e individual. Esta iniciativa forma parte do plan provincial Revitaliza e desenvolverase a través dun convenio entre o Concello e a Deputación de Pontevedra.

Silvia Torres Landín, titulada en Enxeñería Forestal, é a persoa que se encargará de xestionar este proxecto, que se porá en marcha proximamente no municipio e que terá como obxectivo fomentar a compostaxe entre a veciñanza. Instalaranse tanto composteiros comunitarios coma individuais. Os primeiros ubicaranse nas zonas máis urbanas, no entorno de edificios de vivenda colectiva, e os composteiros individuais repartiranse entre residentes en vivendas unifamiliares que dispoñan dun mínimo de terreo no que ubicalos.

Mediante a compostaxe, os veciños participantes no proxecto poderán obter abono natural a partir dos residuos orgánicos xerados nos seus domicilios. Nos composteiros poderán introducir restos de comida (cociñada ou crúa: carne, peixe, espiñas, ósos, mondas, pousos do café...) e tamén restos vexetais (céspede acabado de cortar ou plantas de todo tipo). A mestra composteira será a encargada de supervisar tecnicamente todo o proceso e, ademais, impulsará campañas de sensibilización e formación entre os veciños participantes e a poboación en xeral.

A posta en marcha do Plan Revitaliza para a compostaxe en Valga conlevará notables beneficios medioambientais.

O proxecto é financiado pola Deputación e o Concello.

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver