Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- En Cordeiro poderán entregarse libros entre as 10 e as 12 e en Valga de 12:15 a 13:00

- Os usuarios deben respectar as medidas de seguridade e hixiene, levando mascarilla e gardando a distancia social

Apertura bibliotecas

Valga, 11 de maio de 2020.

As bibliotecas municipais reabren dende hoxe para a devolución de libros. A Orde SND/399/2020, de 9 de maio, publicada no Boletín Oficial do Estado e que regula a fase 1 do Plan de transición cara unha nova normalidade, establece a reactivación dos servizos bibliotecarios aínda que con restricións e priorizando sempre a protección da saúde e da seguridade tanto para o persoal como para os usuarios.

As bibliotecas de Valga e Cordeiro estarán abertas a partir de hoxe polas mañás só para que os usuarios poidan devolver os libros e outras obras que levaran en empréstito con anterioridade á declaración do estado de alarma. A biblioteca de Cordeiro, situada no Auditorio (hai que acceder pola porta traseira chamando ao interfono), abrirá de 10 a 12 horas e a de Valga, que se atopa no Edificio Administrativo, entre as 12:15 e as 13:00. .

Pídese aos usuarios que acudan sós (os menores de 14 anos acompañados por un adulto), preferiblemente con mascarilla e que respecten as medidas de seguridade e de distancia social que recomendan as autoridades sanitarias para evitar posibles contaxios de Covid-19.

As obras que se devolvan serán postas en corentena durante catorce días, depositándoas nun lugar apartado e separadas entre si para garantir que non estean infectadas cando volvan a ser utilizadas. Este método é o que recomenda a Dirección General del Libro y Fomento de la Lectura do Ministerio de Cultura, tendo en conta que a desifección pode danar as obras.

Apertura bibliotecas

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver