- Na tarde de mañá sábado está prevista a chegada dun grupo de 70 peregrinos que están a facer o Camiño Portugués

- Para a próxima semana xa teñen concertada visita centros escolares e asociacións de Moraña, Ferrol, Pontevedra ou Vilagarcía

Escola Infantil de Valga

Valga, 15 de decembro de 2017.

Escolares de Valga, Pontecesures, Vilaxoán e Portas visitaron durante esta semana o Belén Artesanal de Valga, ademais doutros colectivos procedentes, por exemplo, de Riveira e Trazo.

 

A primeira das visitas organizadas desta semana tivo como protagonistas a 54 nenos de Infantil do CPI Pontecesures, un centro que todos os anos organiza excursións ao nacemento de Campaña como parte da súa actividade educativa. Na mañá de onte foron medio cento de escolares de entre 3 e 5 anos de idade do colexio de Vilaxoán os que se achegaron ao Belén Artesanal, ao igual que os case 60 nenos do Centro Rural Agrupado de Valga, integrado polas escolas unitarias de Forno, Ferreirós, Vilarello, Chenlo, Campaña e Xanza.

 

Esta mañá foi o turno dos nenos da Escola Infantil Municipal de Valga e de 63 rapaces de 1º e 2º cursos de Primaria do CPI Domingo Fontán de Portas. O infantil é un dos públicos máis fieis do Belén de Valga. Os Reis Magos, o anxo que baixa do ceo para anunciar á Virxe María que será a nai de Xesús ou a pista de karts son algunhas das escenas preferidas preferidas polos nenos, xunto coa zona infantil do nacemento, chea de personaxes de debuxos animados.

 

Pero o Belén Artesanal recibiu tamén nos últimos días a grupos organizados de adultos, por exemplo os 47 feligreses de distintas parroquias do municipio de Trazo (A Coruña) que chegaron a Valga nunha excursión promovida polo cura Manuel Pontes García, ou o medio cento de integrantes da asociación A Creba, de Riveira e Noia. Esta mañá acudiu ao local de Campaña una delegación da Unidade de Día do Servizo de Drogodependencia do Concello de Riveira, integrada por varios usuarios e os educadores Marian Sánchez e Manuel Casais. Os usuarios desta Unidade foron os encargados de montar o Belén municipal de Riveira e tamén o da parroquia de Aguiño e agora están a percorrer distintos nacementos de Galicia, o primeiro o de Valga, para coller ideas de cara a anos vindeiros. “Temos en marcha un obradoiro de restauración e carpintería e os seus alumnos montaron os beléns de Riveira, de 60 metros cadrados, e o de Aguiño, que ten movemento e as figuras pertencen a un particular”, explica Manuel Casais. Os usuarios da Unidade de Día, ademáis de montar as estruturas sobre as que repousan os nacementos riveirenses, tamén realizaron con materiais de refugallo (caixas de cartón ou papel) algunhas das pezas que os integran.

 

Para mañá pola tarde, está prevista a visita dun grupo de setenta peregrinos que están a percorrer o Camiño Portugués a Santiago e o domingo, como é habitual, espérase o día de maior afluencia de toda a semana. Para a vindeira semana están xa programadas visitas de colexios e asociacións de Moraña, Valga, Riveira, Ferrol, Pontevedra, Vilagarcía e Caldas de Reis.

 

Durante a primeira semana de apertura, entre a inauguración do 3 de decembro e o domingo 10, máis de oito mil persoas visitaron o Belén Artesanal, obra da asociación Amigos do Belén e que conta nesta edición con arredor de 4.500 figuras dispostas nunha superficie de 400 metros cadrados. Permanecerá aberto ao público de xeito gratuíto ata o domingo 14 de xaneiro, entre semana de 17:30 a 20:30 horas, os sábados de 17 a 20:30 e os domingos e festivos de 12 a 14 horas pola mañá e de 17 a 20:30 pola tarde. Os colexios, asociacións e outros grupos poden concertar as visitas a través do número de teléfono 630 95 25 15. 

 Trazo Pontecesures 

 

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

Volver