Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As persoas que vaian a doar teñen que solicitar cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828

- O autobús quedará emprazado pola mañá frente ao Concello e pola tarxe xunto ao Auditorio

CitaDoar

Valga, 7 de maio de 2020.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, dependente da Consellería de Sanidade, desprazará o martes 12 de maio a Valga unha unidade móbil de doazón. O autobús estará emprazado en Pontevalga, diante do Concello, de 10 a 14 horas e pola tarde trasladarase a Cordeiro, xunto ao Auditorio Municipal, entre as 16 e as 21 horas.

Para doar é preciso solicitar cita previa a través do teléfono gratuíto 900 100 828, para así facer compatible este xesto solidario co respecto ao confinamento decretado a consecuencia da situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus. Ás persoas que chamen a ese número daráselles unha cita para doar. A data, lugar e hora remitiráselles mediante mensaxe SMS ao seu teléfono móbil e, despois da doazón, emitiráselles un xustificante de ter doado. Todo este proceso permite a xustificación do desprazamento e a realización da doazón coas máximas garantías de seguridade.

A Axencia Galega de doazón de sangue e órganos apela á solidariedade da cidadanía para que, a pesar desta situación extraordinaria, poidan aumentar as reservas de todos os grupos sanguíneos, especialmente do A Negativo, Cero Positivo e AB Negativo, que se atopan nestes momentos en niveis baixos.

CartelDoazónSegura

Volver