- Un total de 34 centros de lectura de Galicia participan nesta actividade
- A biblioteca de Valga encargarase de recomendar unha lectura o próximo día 5 de maio
Valga, 28 de abril de 2020.
As bibliotecas municipais de Valga participan, xunto a outros trinta e tres centros de lectura de Galicia, na iniciativa “A hora do conto”, que deu comezo onte e se prolongará ata o mes de xuño. O obxectivo é seguir fomentando a lectura entre a poboación infantil durante a crise sanitaria do coronavirus, que mantén pechadas ao público as bibliotecas e centros culturais.
Cada xornada ás 17 horas, unha biblioteca encárgase de recomendar a lectura dun conto a través de medios telemáticos –como redes sociais ou páxinas web municipais– nos que divulgan o conto en versión audiovisual.
A biblioteca de Valga realizará a súa recomendación o martes da próxima semana, día 5 de maio, a través da súa páxina de Facebook “Bibliotecas de Valga”.