- A partir das 8 da mañá deben acudir ao PAC os pacientes que foron citados telefonicamente
- Terán que acceder ás instalacións pola porta traseira
Valga, 23 de abril de 2020.
A Consellería de Sanidade comezará a realizar mañá no Centro de Saúde de Baño os test do estudio epidemiolóxico para coñecer a incidencia do coronavirus entre a poboación de Galicia.
As probas empezarán a facerse a partir das 8 da mañá no interior do Centro Médico, onde se habilitou un espazo reservado exclusivamente para tal fin. Só poden acudir a realizar o test as persoas ue foron citadas telefonicamente dende o Centro de Saúde, e que foron elixidas de xeito aleatorio.
Os pacientes citados, un cada quince minutos, terán que acceder ao Centro de Saúde pola porta traseira seguindo todas as medidas recomendadas polas autoridades sanitarias para evitar posibles contaxios.
A proba consistirá nun pinchazo nun dedo e o resultado comunicaraselle posteriormente ao afectado por teléfono.