Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A empresa adxudicataria retomou a semana pasada os traballos coa volta á actividade do sector da construción

- Nesta actuación, financiada a través do Plan Concellos, invístense 404.741 euros

ObraSane1

Valga, 20 abril de 2020.

A empresa Construcións, Obras e Viais S.A. (Covsa) ten de novo en marcha as obras de saneamento nas parroquias de Cordeiro, Xanza, Valga e Setecoros.

Os traballos estiveron detidos durante dúas semanas, nas que o Goberno decretou paralización dos sectores industriais e empresariais non esencias, ao abeiro da declaración do Estado de Alarma pola pandemia do coronavirus.

A pasada semana, unha vez se retomou a actividade nestes sectores, entre eles o da construción, reactiváronse as obras de mellora e ampliación da rede municipal de alcantarillado mediante a dotación de novos colectores e a instalación de pozos de bombeo e depuradoras.

As actuacións afectan a distintos núcleos poboacionais, coma as zonas de Balleas-Socastro, Outeiriño-Baño, Carballiño, Sixto, Chenlo-Pontevalga, Raxoi, Vilar e Cernadas.

A execución dos colectores realízase con tubaxe de PVC de 315 milímetros de diámetro interior e van acompañados dos correspondentes pozos de rexistro para posibilitar a inspección, limpeza e acometidas das vivendas. Ademais, está proxectada a instalación de dúas estacións depuradoras nas zonas das Cernadas e Raxoi e dous pozos de bombeo no Carballiño e en San Miguel.

Os operarios de Covsa atópanse traballando divididos en catro brigadas nos lugares de Vilar, Raxoi, Baño e San Miguel. Nos tres primeiros realízanse tarefas de apertura de gabias e instalación de tubaxes. En San Miguel estase a instalar o un dos pozos de bombeo que inclúe o proxecto.

As obras, que teñen un orzamento total de 404.741 euros. fináncianse con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

          ObraSane2                ObraSane3

ObraSane4

Volver