Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Elías Sanmarco, responsable da acción solidaria, contou con aportacións de dezaseis empresas da comarca

- Bacallau, embutidos, froitas ou ovos son algúns dos produtos entregados

ShowPayasos

Valga, 16 de abril de 2020.

Seis familias de Valga que suman un total de once nenos recibiron nas últimas xornadas lotes de produtos alimenticios doados polo “Show dos Pallasos” e, en concreto, polo seu responsable, Elías Sanmarco.

El foi o promotor desta acción solidaria coa que pretende axudar a sobrelevar a crise do coronavirus a familias desfavorecidas con menores ao seu cargo tanto de Valga coma doutras vilas da contorna. Por iso se puxo en contacto co departamento de Servizos Sociais para canalizar a distribución destes lotes de alimentos entre as familias que máis necesidades están tendo durante o período de confinamento.

Entre os produtos que se repartiron había bacallau, embutido, ovos, leite, auga e zumos galletas e doces, entre outros. Todos os alimentos foron aportados de forma desinteresada por un total de dezaseis empresas da comarca.

ShowPayasos

Volver