Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As imaxes teñen que estar realizadas con teléfono móbil e deben publicarse na páxina de Facebook do Concello

- Os premios que se outorgarán son unha cámara deportiva, un disco duro externo e unha tarxeta de memoria

ValgaQuedaNaCasa

Valga, 15 de abril de 2020.

O Concello convoca o concurso de fotografía “Valga queda na casa”, unha iniciativa que pretende promover a creatividade durante o período de confinamento pola crise do coronavirus e animar á veciñanza a expresar, a través da imaxe, os sentementos e sensacións que está a experimentar nesta situación excepcional.

O certame está aberto á participación de persoas empadroadas en Valga e tamén nos concellos homóminos de Estonia e Letonia que teñan unha conta activa na rede social Facebook. As tres localidades están irmandadas e, a pesar da distancia que as separa, os seus veciños están vivindo nestes momentos situacións moi semellantes a consecuencia da pandemia mundial do Covid-19. Con esta iniciativa non só se quere contribuír a crear vías de ocio e entretemento durante a corentena, senón tamén a que a poboación dos tres municipios sigan estreitando lazos e aproximándose mediante imaxes representativas das súas rutinas e culturas.

Para concursar é preciso tomar unha fotografía co teléfono móbil durante a vixencia do período de confinamento en España. A imaxe debe publicarse na páxina de Facebook do Concello de Valga (ir á pestana de publicacións e engadir a foto mediante unha nova publicación pública na páxina) utilizando un dos hashtag #valgastayathome ou #valkastayathome. Na publicación é preciso mencionar ao Concello (@Concello de Valga).

Os participantes poderán subir ata un máximo de cinco fotos, aínda que non se terá en conta a cantidade, senón a calidade de cada unha individualmente. A temática debe cinguirse ao normal desenvolvemento da vida diaria no fogar durante o período de confinamento. Por esta razón as fotos deben ser tomadas exclusivamente nun lugar interior ou ben que sempre estea presente algún elemento que identifique que a imaxe foi tomada dende un espazo interior. Non se restrinxen técnicas nin composicións.

Un xurado elixirá a mellor fotografía entre todos os participantes. Para a súa elección valorarase, entre outras características, a calidade, a creatividade, a orixinalidade e, sobre todo, ter capturado o momento, a esencia do estado excepcional do confinamento. Tamén se valorara que nas imaxes se fomente un estilo de vida saudable, o fomento da lectura ou as conexións interxeracionais e interculturais.

Os gañadores recibirán os seguintes premios:

- 1º premio: Cámara deportiva

- 2º premio: Disco duro externo

- 3º premio: Tarxeta de memoria externa

As bases do concurso poden consultarse premendo AQUÍ.

Rules "Mobile Photography Competition"

CartelValgaQuedaCasa

ValgaStayatHome

Volver