Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A Xunta é a única administración que, ata o de agora, colaborou co Concello enviando mascarillas, guantes, buzos e desinfectantes

- Os veciños que, por motivos médicos, precisen mascarillas poden solicitalas chamando por teléfono ás oficinas municipais

 

Valga, 14 de abril de 2020.

O Concello de Valga transmite o seu malestar nula aportación de material de protección por parte do Goberno Central, especialmente de mascarillas faciais, cuxo uso se recomenda agora por parte das autoridades sanitarias e que apenas se poden atoparno mercado.

O goberno municipal tivo coñecemento de que, nas últimas xornadas e con motivo da reactivación da actividade industrial e a volta ao traballo en sectores coma o da construción, o Goberno está a distribuír mascarillas en polígonos e zonas industriais para contribuír a seguridade dos traballadores que se reincorporan aos seus postos de traballo. Sen embargo, a Valga non se fixo chegar ningún tipo de material protector a pesar de contar con empresas punteiras a nivel nacional e internacional e que contan cun gran volume de empregados.

Ata o de agora, a única administración que facilitou ao Concello material de protección ante o coronavirus foi a Xunta de Galicia, que nas últimas semanas fixo chegar tres lotes con mascarillas, guantes, buzos de polipropileno e outro material desinfectante coma xel hidroalcohólico e lixivia. As mascarillas aportadas pola Xunta son distribuídas entre o persoal municipal e os servizos de emerxencias e tamén se está facendo un reparto a aqueles veciños que as precisen por motivos médicos, que poden solicitalas chamando por teléfono ás oficinas do Concello (986 55 94 56).

Volver