Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Trátase de facilitar que os estudantes poidan seguir a actividade educativa por vías telemáticas

- O instituto tamén conta cun servizo de préstamo de computadores no que aínda quedan dispoñibles dous equipos

Computadores empréstimo

Valga, 8 de abril de 2020.

Traballadores municipais entregaron esta mañá a estudantes do IES de Valga ordenadores que a Xunta de Galicia asignou a este centro para facilitar que o seu alumnado poida seguir a actividade docente por vía telemática mentras as clases presenciais continúen suspendidas.

A Consellería de Educación adquiriu un milleiro de equipos informáticos para distribuír entre os centros educativos de Galicia durante este período de confinamento. Deles, ao IES de Valga correspondéronlle tres ordenadores que hoxe foron entregados por persoal do Concello nos domicilios dos alumnos aos que foron asignados. Deste xeito, poderán acceder á aula virtual que ten aberta o instituto e na que o profesorado propón contidos e tarefas para que os estudantes os realicen dende os seus fogares.

Ademais, o propio IES dispón dun servizo de préstamo de computadores portátiles, de maneira que o alumnado que manifestou ter necesidade de levar un equipo á seu domicilio puido facelo dende o momento en que quedaron suspendidas as clases presenciais. O instituto informa que deste fondo aínda quedan dispoñibles dous ordenadores, polo que se algún alumno o precisa pode solicitalo poñéndose en contacto coa Concellería de Educación a través do correo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo..

Volver