Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- O lote da administración autonómica inclúe mascarillas, guantes, buzos e xel hidroalcohólico

- O Concello agradece todas as aportacións, xa que permiten reforzar a protección dos traballadores

lotecoronavirus1

Valga, 8 de abril de 2020.

A Xunta de Galicia continúa provendo ao Concello de material de protección fronte ao coronavirus co envío dunha terceira remesa que foi recibida nas oficinas municipais a comezos desta semana.

Este é o terceiro lote que se recibe da administración autonómica para reforzar a protección dos traballadores municipais e membros dos servizos de emerxencias e inclúe mascarillas cirúrxicas, guantes, buzos de polipropileno e outro material desinfectante coma xel hidroalcohólico e lixivia.

O Concello transmite unha vez máis o agradecemento á Xunta de Galicia pola súa colaboración coa administración local á hora de garantir a seguridade dos empregados públicos nesta situación de emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Non foi este o único material recibido nas últimas xornadas, xa que unha empresa de Silleda e un particular de Cambados doaron pantallas protectoras que tamén foron distribuídas entre os traballadores e efectivos da Policía Local e Protección Civil. O goberno municipal agradece igualmente esta aportación totalmente desinteresada.

lotecoronavirus2

Volver