Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- Nove militares con dous vehículos patrullaron esta mañá por distintos enclaves de Valga

- Coordináronse coa Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil, que xa realizan habitualmente labores de vixilancia

brilat

Valga, 7 de abril de 2020.

Un pelotón militar da Brilat con base en Figueirido desprazouse esta mañá a Valga para realizar tarefas de recoñecemento e vixilancia do cumprimento do Estado de Alarma por parte da veciñanza.

Un total de nove militares da Primeira Compañía do Batallón de Zapadores, encabezados polo sarxento Bouzón, despregáronse no municipio con dous vehículos para colaborar coa Policía Local, a Garda Civil e Protección Civil e garantir o respecto, por parte da poboación, das normas impostas no Real Decreto 463/2020 polo que se declarou o Estado de Alarma polo coronavirus.

Nesta situación de emerxencia sanitaria o Exército está a colaborar coas forzas de seguridade na realización de tarefas como a vixilancia ou desinfección. “Desprazámonos a distintos concellos en función das peticións que estes realizan e Valga foi un dos que o solicitaron”, explicou o sarxento Bouzón.

Os membros do pelotón patrullaron por parellas distintas zonas do termo municipal, especialmente en áreas rurais, comprobando que os veciños permanecían confinados nos seus fogares saíndo só naqueles supostos que están permitidos e cando é estritamente necesario. “Non esperabamos que houbera moito movemento e, en efecto, comprobamos que a xente respecta o Real Decreto”, indicou o sarxento antes de rematar a súa estadía na localidade.

brilat2 brilat3

brilat4 brilat5

brilat6

boton facebookboton twitter   boton youtube

boton cita previa sede

boton extensions

boton sede electronica

boton bandos

boton rueiro

boton tempo

boton obradoiro

Volver