Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- As máscaras conseguíronse a través dunha empresa local para equipar ao persoal municipal

- O goberno municipal agracede á administración autonómica a súa colaboración

materialcoronavirus

Valga, 31 de marzo de 2020.

O Concello continúa provéndose de material de protección ante o coronavirus para afrontar nas mellores condicións posibles a situación de emerxencia sanitaria e nas últimas xornadas fíxose con novos lotes de mascarillas, guantes e outro instrumental necesario para equipar aos traballadores municipais e para distribuír entre outros sectores en base ás principais necesidades.

Por unha parte, o Concello adquiriu a través dunha empresa local mascarillas protectoras, un dos materiais que máis escasea no mercado e que máis dificultades representa á hora de conseguilo. Hai que lembrar, ademais, que o goberno local encargou nas últimas semanas a unha costureira valguesa a elaboración de máis máscaras precisamente ante as complicacións para poder mercalas.

Ademais, a finais da pasada semana recibiuse un novo lote de material da Vicepresidencia da Xunta de Galicia composto por mascarillas, guantes, gafas e traxes protectores. O alcalde agradece Xunta a súa colaboración e os aportes que está a realizar xa que é a única administración que enviou material de protección ao Concello.

Volver