- Está formado por 100 mascarillas, 250 pares de luvas e 15 buzos
- O colexio de Baño realizou unha doazón de 30 caixas de guantes
Valga, 25 de marzo de 2020.
O Concello recibiu esta mañá da Vicepresidencia da Xunta de Galicia un lote de material de protección ante o coronavirus. É a primeira remesa de material que chega ao Concello, aínda que xa o tiña solicitado en varias ocasións ao Goberno do Estado trala declaración do Estado de Alarma e ante a práctica imposibilidade de conseguilo por outras vías.
O lote recibido consta dun total de 100 máscaras, 250 pares de luvas e 15 buzos que serán distribuídos polos Servizos Sociais do Concello en base as necesidades prioritarias. Parte do material será utilizado pola agrupación de Protección Civil e polos servizos municipais, para protección dos traballadores.
Ademais, nos últimos días o CEIP Baño-Xanza fixo chegar ao Concello unha doazón de trinta caixas de guantes de látex que tiñan adquirido para uso interno do centro. O goberno municipal transmitiu ao colexio o agradecemento en nome de toda a veciñanza de Valga pola súa solidariedade nestes difíciles momentos.