Accessibility Tools

NOVAS DO CONCELLO

- A comisión de seguemento creada polo Concello destaca que, polo de agora, non consta ningún contaxiado no municipio

- O alcalde está diariamente en contacto co Centro de Saúde para coñecer cal é a situación

VirusCovid19

Valga, 20 de marzo de 2020.

A Comisión creada polo Concello para facer un seguemento da situación de emerxencia sanitaria a causa do coronavirus analizou, na súa reunión deste mediodía, a información transmitida polo Ministerio de Sanidade sobre a correcta xestión dos residuos domésticos naqueles fogares nos que haxa algún enfermo con coronavirus ou persoas en corentena.

Os membros da Comisión consideran importante transmitir esta información á veciñanza, a pesar de que polo de agora non consta ningún caso de positivo en coronavirus no termo municipal. Aínda así, e ante a posibilidade de que no futuro se poida detectar algún caso, a Comisión entende que é fundamental que a poboación conte coa información axeitada para saber como actuar e, neste caso concreto, como xestionar os residuos xerados no seu fogar.

As directrices do Ministerio de Sanidade son as seguintes:

 - Os residuos do paciente, incluídos os guantes, panos e mascarillas, deben introducirse nunha bolsa de plástico (BOLSA 1) nun cubo de basura situado dentro da habitación e preferiblemente con tapa e pedal de apertura, sen realizar ningunha separación para a reciclaxe.

- A BOLSA 1 debe pecharse axeitadamente e introducila nunha segunda bolsa do lixo (BOLSA 2), na que tamén se depositarán os guantes e mascarilla utilizados polo coidador, e que se pechará correctamente antes de saír da habitación.

- A BOLSA 2 depositarase co resto dos residuos domésticos na bolsa de basura correspondente ao contedor verde. Esta bolsa tamén debe pecharse axeitadamente.

-  Inmediatamente despois realizarase unha completa hixiene de mans, con auga e xabón, ao menos durante 40 ou 60 segundos.

- A BOLSA 3 depositarase exclusivamente no contedor verde, estando terminantemente prohibido depositala nos contedores de recollida separada (orgánica, envases, papel, vidro ou téxtil) nin abandonala no entorno.

O alcade, José María Bello Maneiro, informou ademais na reunión de que está diariamente en contacto co Centro Médico e o PAC de Baño dende que comezou a crise para coñecer cal é a situación da pandemia no que respecta ao noso municipio e tamén para interesarse polas necesidades dos profesionais sanitarios que alí traballan.

O Concello lembra que, en caso de algunha persoa note algúns dos síntomas da enfermidade, debe seguir todas as directrices indicadas polas autoridades sanitarias. É moi importante que non se desprace ao Centro de Saúde nin a ningún outro centro sanitario, senón que debe chamar por teléfono ao número 900 400 116.

O goberno municipal agradece aos veciños de Valga a responsabilidade que están demostrando nun momento difícil coma este, cumprindo maioritariamente o decreto de Estado de Alarma e non saíndo das súas casas salvo causas moi xustificadas, o que favorece a saúde de todos.

Residuos copia

Volver